viernes, 27 de septiembre de 2013

CAMBIOS EN TITULACIÓNS NÁUTICAS

Dende Golfiño queremos aclarar certas cousas sobre todo isto que se está  a falar dos cambios lexislativos sobre o TITULÍN, PNB, PER...

Aproveito este enlace encontrado na rede, que un amigo me pasou e cheo de falsa información:  ENLACE, CAMBIOS EN TITULACIÓNS NÁUTICAS

A seguinte opinión está redactada de forma coloquial, admítense comentarios por favor...

 Oxe mesmo estiven na "Casa do Mar" e na "Capitanía Marítima" de Coruña, e xa de paso preguntei por estos temas;
Sí se sabe que vai haber certos cambios pero nin eles mesmos saben cales aínda(polo tanto son todo faladorías baratas).
Tampouco se sabe can
do se producirán esos cambios(pode ser nos próximos meses ou anos).A útima vez que se produciron cambios en 2007, estívose decindo durante os 8 anos anteriores que en breves se cambiaría a lexislación vixente, así que pode ser que vaia para largo.......

Eu de momento só podo negar certas cousas, basandome na lóxica, nas incongruencias e no evidente:

1. Sí se está pensando en cambiar a normativa, pero aínda non se sabe nin en que data nin de que forma concreta.
Escoitaredes unha versión diferente en cada sitio ou a cada persona que lle preguntedes. Sempre pasa isto cando están a punto de suceder cambios, cada cual pinta a feira como máis lle beneficia!!!

2. O titulín é unha licencia federativa que depende de cada comunidade autónoma, non é un título homologado a nivel mundial pola DGMM(Dirección General de la Marina Mercante) como o resto dos títulos de recreo, PNB, PER...polo que é IMPOSIBLE, que ás persoas que teñan ou saquen esta titulación(TITULÍN), lles regalen ou convaliden o PNB, como nos intentan vender as academias que imparten dita titulación!!! repito, FALSO E IMPOSIBLE!!! o que fan estas academias publicitando iso, ten varios nomes: PUBLICIDADE ENGANOSA!! FRAUDE!!! ESTAFA!!! podedes escoller....

3. O artigo que Juan Manuel Pampin Castro, nos mostra aquí,(gracias juan por darme a oportunidade de explicar todo isto), se o leemos atentamnete ten varias contradicións;
Primeiro di que para sacala titulación do PNB non haberá que pasar ningunha proba teórica, e logo máis adiante pódese leer textualmente: "Además, una vez superada la teoría para obtener el PNB, no será necesario repetirla para acceder al PER".
SÓ CON ISTO ESTE ARTIGO XA ME PARECE DE COÑA!!!

4. E xa por último, o mencionado artigo segue metendo a pata, falando de que as titulación deportivas pasarán a ser profesionais!! APAGA E VÁMONOS!!!
Para ter a titulación profesional (PPER), TAN SÓ fai falla (jejejejejejeje):
A)Título de Capitán de Yate.
 Examen teórico de PPER( 2 convocatorias anuais en Madrid).
C)Certificado Médico marítimo en vigor.
D)Certificado de Formación Básica.
E)Certificado de Formación Sanitaria.
F)Certificado de Buques de Pasaxe.
G)Tarxeta Profesional de Operador General do SMSSM
H)Haber navegado un mínimo de 50 días e 2500 millas como Patrón, das cales, un mínimo de 5 travesías deben ser de máis de 60 millas e de 48 horas de duración sen tocar terra.

ESPERO HABER RESOLTO CERTAS DUDAS, AÍNDA QUE COMO DIGO TODO ESTÁ NO AIRE!!
SEI QUE ACABO DE FACER UN COMENTARIO BASTANTE EXTENSO, PERO CONFÍO EN QUE A XENTE INTERESDA DE VERDADE, EMPREGARÁ O TEMPO NECESARIO EN LEER ISTO!!
POR ÚLTIMO AGRADECERÍAVOS, A QUEN LEADES A PARRAFADA QUE ACABO DE SOLTAR, COMPARTADES ESTA INFORMACIÓN!!

SAÚDOS!!